Monstruos ao sol Visitar
En busca das baleas Visitar
Costa Celta Visitar
A chamada do mar Visitar
Un sendeiro de olas Visitar
Un Paraíso Oculto Visitar
Ascenso ao Olimpo Celta Visitar
Mazaricos: espazo natural Visitar
Santa Comba non é só pubs Visitar
Santiago con escalas Visitar
Tralas pegadas dos homes do norte: de Ordes a Compostela Visitar
Desviándonos un pouco do Camiño Francés... Visitar
Tras os pasos do Apóstolo Visitar
Serra do Barbanza, terra de lendas e natureza auténtica Visitar
¿Poderías surfear 1.500 km de costa? Visitar
Un paseo polas terras de Ourense. Pozas de auga quente e pulpo Visitar
Terras de Ribadavia. Natureza e viño na ruta dos Templarios Visitar
Para contratar un guía ou ampliala información sobre esta ruta ponte en contacto con nós:
Correo electrónico
gist-formacion@usc.es
Teléfono
647344270
28 imaxes da ruta
1. Tapa del horno de cerámica en Bonxe2. Riachuelo en Castro Rei3. Puerta de la muralla4. Pepa de Bonxe y su horno5. Figuras de barro6. Más de la muralla7. Juego de la rana8. Huerta en Castro Rei9. Figuras de barro de Pepa de Bonxe10. En bici por Bonxe11. El abandono del campo en Bonxe12. De setas por Bonxe13. De noche en Lugo14. Casa tradicional en Bonxe15. Arboleda en Bonxe2 sons da ruta
1. Foliada en Lugo2. Cantando en Lugo10 videos da ruta
1. Zanfona2. Trajes tradicionales3. La muralla4. Mirilla5. Baile en un bar6. El paraiso y Landeira7. De fiesta por Lugo8. De gaitas9. Baile gallego II10. Baile tradicional en LugoA cidade de Lugo, milenaria, coa única muralla romana no mundo que se conserva íntegra, é capital dunha gran comarca rural do interior de Galicia. Os sons da auga en movemento nos carreiros que corren paralelos ao río Miño permiten escoitar a alma da natureza máxica de Galicia. Achégache e reláxate; escoita a expresividade do acento da lingua galega; escoita a paisaxe cultural nas súas rúas históricas intramurallas, de día e de noite; escoita os sons dos instrumentos musicais, dos cantos de taberna, das conversacións afables e apaixonadas de mozos e adultos,... Escoita a alma de Galicia no seu centro histórico onde acoden pola noite e os días de festa miles de mozos e familias enteiras procedentes das aldeas e parroquias circundantes. O ambiente é fantástico e reproduce fielmente a simbiose existente en Galicia entre o mundo urbano e rural. Atrévete e explora...
A cidade amurallada sempre destacou pola simbiose entre cidade e música, desta cidade saíron artistas, como Pascual Veiga, creador do himno galego, Jesús Bal y Gay. En Lugo viviu Faustino Santalices, recuperador da zanfona galega e incansable estudoso da música tradicional ao que os amantes da zanfona débenlle parte da recuperación deste instrumento para a música galega (nos vídeos podemos gozar da música que emana dunha zanfona).
É de Lugo tamén Fuxan os Ventos, mítico grupo galego dos 70 e 80, autores de cancións tan coñecidas como Sementar, sementarei. E non podemos esquecernos de Mini e Mero, que participaron en Fuxan vos Ventos e que continúan deleitándonos cos seus concertos.
Caso a é a sinfonía natural da que podemos gozar penetrando na Galicia interior. Música para os oídos daqueles que amen a natureza no seu estado máis puro.
Non te podes perder as festas de San Froilán, na primeira quincena de Outubro, podemos consideralas como a gran festa galega, hai un gran ambiente, actividades e sobre todo comida e música. Este día non te esquezas para comer polbo nalgunha dos múltiples postos que existen na festa.
Outra festa recomendable é o Arde Lucus, festa romana que a pesar da súa mocidade xa está consagrada no país das 1000 festas.
Por outra banda, nesta terra de intensos contrastes existen multitude de granxas dedicadas a diferentes producións, coma o queixo de Casa Diéguez (en Antas de Ulla); o porco celta de Casa do Rego (Sarria) ou a tenreira de Casa Mosqueira, tamén en Antas. Por suposto, poderemos facernos con algunha destas marabillas da terra, tamén por entrega a domicilio calquera día do ano mediante o portal web www.granxafamiliar.com, así como gozar de anfitrións de excepción de cara a coñecer as paisaxes e formas de vida do seu entorno.
Unha cidade chea de encantos, moi viva, cunha boa oferta cultural, boa comida, moitos bares e sobre todo boa xente. Si gusta tanto Lugo é polo bo ambiente que se respira, sobre todo pola noite e tamén por que non dicilo polo ben que soa a lingua galega entre as pedras milenarias que engalanan a cidade.
Tamén terás a oportunidade de coñecer a Galicia máis enxebre de man dalgún/a de os/os granxeiros/as das pequenas explotacións familiares indicadas.
Con Paco de Casa Xastre ou Gonzalo de Casa Mosqueira, ámbolos dous procedentes de Antas de Ulla, coñecerás as verdes paisaxes da Galicia rural do interior: ricos soutos, frondosas carballeiras, aldeas de pedra granítica abandonadas ou en vías de rehabilitación (en ocasións grazas a inversores estranxeiros, ingleses na súa maioría, que buscan un domicilio alternativo e relativamente económico para eles), etc...
De especial interese é o castelo de Pambre, en Antas, debido ao seu excelente estado de conservación. Ademais poderemos gozar dunha panorámica de toda a comarca desde o alto do monte Farelo: a cultura do minifundio, as divisións do territorio mediante "chanzos" de pedra, o impacto visual e auditivo das torres de enerxía eólica do lugar, etc...
Con Mª do Mar e Adela de Casa do Rego, en Sarria, descubriremos o encoro de Belesar en Portomarín, que garda no seu leito toda unha aldea que quedou mergullada tras a súa construción, ou a inmensa riqueza da arquitectura civil e eclesiástica da propia Sarria, froito do paso do Camiño de Santiago polas súas terras.
En definitiva, obterás unha ecuación perfecta de sons na que participarán en variables como o idioma das xentes da nosa terra, a fauna autóctona dos seus bosques, o incesante rumor do pais do mil ríos, o vento rumoreando nos suaves outeiros,etc... ¿O resultado? Está moi claro. Só se pode tratar de Galicia.
Ver Mapa
Imos comezar a ruta en torno ao río Miño, paseando por esta bonita paraxe que bordea a cidade de Lugo. Continuamos cara o centro polo parque Rosalía de Castro, para homenaxear á poetisa feminista e nacionalista, e tamén porque neste parque poderemos ver dúas sequoias que existen no mesmo. Continuamos ata a muralla que cos seus dous quilómetros bordea a zona vella da cidade; merece a pena dar un paseo por este monumento declarado patrimonio da humanidade.
Xa na zona vella, podemos parar a tomar unhas tapas e gozar da rica gastronomía que alí se fai. Unha boa zona é a praza do campo, coa súa fonte da que brota viño durante un día nas festas de San Froilán. Despois da parada para comer podemos dar un paseo pola zona vella e descubrir a cidade. Unha parada pode ser o Círculo de Belas Artes que adoita ter unha interesante oferta cultural ou ver o museo provincial coas súas interesantes exposicións.
Xa pola noite dúas son as paradas obrigatorias, a primeira é o bodegón O Touriz, pero aquí leva o estómago preparado para gozar da comilona, e se aínda somos capaces de continuar non debemos esquecernos da sala Clavicémbalo, que destaca por ser unha das salas con maior actividade musical de Lugo, para así terminar facendo homenaxe ao nome da ruta: o mapa dos sons de Lugo.
Casa do Rego (Granxa Familiar)
Casa Diéguez (Granxa Familiar)
Se fixeches esta ruta interésanos a túa opinión. Coméntanola túa impresión sobre a experiencia.
El 23/05/2013
JHON dixo...
Diese Perspektive, die Hitze befürworten Geschwindigkeitugg ブーツ
ugg ムートンブーツ
Thomas sabo
Thomas Sabo Online Shop
isabel marant sneakers
isabel marant
Longchamp Taschen
Prada taschen
Michael Kors Taschen
Hermes Taschen
, Raum, spielen Defensive zurück, nicht nur James, Dwyane Wade und andere zu maximieren das Talent wider, christian louboutin schuhe
louis vuitton taschen
louis vuitton taschen
louis vuitton Online Shop
Jack Wolfskin Sale
Jack Wolfskin outlet
louis vuitton taschen
louis vuitton Online Shopsondern auch wie eine Art "Schutz" und "schnell hart kämpfen": sie tragen auf die gesamte Rotation, das ganze mit halber Geschwindigkeit, zermalmt Hochspannungs-, Hochfrequenz-Drehung Verteidigung, nicht nur in der "Eastern Style Playoffs" und nicht danach streben, kann aber Hibbert solche traditionellen großen Mann des Gegners hoch Lineup, The Heat fast nahtlose Schweißtechnik-wie Effizienz, Tiefe Lineup, kann weiter Schlag gegen die Bulls, die Pacers 'sein, indem man ihre Zähne, "die Achillesferse.
El 18/05/2013
pXjLnSXWQDi dixo...
viagra on line 8-PPP viagra sale %) Cialis genérica zbu cialis online 842 cheap auto insurance 12076 cialis %-))) cialis 28862