Monstruos ao sol Visitar
En busca das baleas Visitar
Costa Celta Visitar
A chamada do mar Visitar
Un sendeiro de olas Visitar
Un Paraíso Oculto Visitar
Ascenso ao Olimpo Celta Visitar
Mazaricos: espazo natural Visitar
Santa Comba non é só pubs Visitar
Santiago con escalas Visitar
Tralas pegadas dos homes do norte: de Ordes a Compostela Visitar
Desviándonos un pouco do Camiño Francés... Visitar
Tras os pasos do Apóstolo Visitar
Serra do Barbanza, terra de lendas e natureza auténtica Visitar
¿Poderías surfear 1.500 km de costa? Visitar
Un paseo polas terras de Ourense. Pozas de auga quente e pulpo Visitar
Terras de Ribadavia. Natureza e viño na ruta dos Templarios Visitar
Para contratar un guía ou ampliala información sobre esta ruta ponte en contacto con nós:
Correo electrónico
gist-formacion@usc.es
Teléfono
647 344 270
48 imaxes da ruta
46. Explotación caprina Casa do Xurés47. Haciendo queso en la granja Casa do Xurés48. Cabras alpinas pastando en O Xurés39 sons da ruta
1. El por qué de la lluvia2. Los trípticos3. Filosofía de un artista4. El cine parroquial5. Vocación desde la infancia6. La obra de Moreiras7. La técnica8. Temáticas9. La obra culmen de Baldomero Moreiras10. Los poetas de Celanova11. La obra de Curros Enríquez12. Celso Emilio Ferreiro13. Patrimonio de Celanova14. Epitafio de Ramón de Merca. Escrito y leído por él mismo15. Poema de Ramón de Merca recitado por él mismo49 videos da ruta
1. Desde la torre de Vilanova dos Infantes2. Calavera de cachena3. Entrando en la lareira de Ramón4. Gramófono de Ramón da Merca5. El Partenón en Ourense6. Personalidades que pasaron por A Merca7. Festa da cantiga labrega: A Merca8. Verba dos Xingros9. Ramón da Merca: jergas10. Historias de lareira con Ramón da Merca11. Ramón da Merca: la matanza12. Vilanova dos Infantes: pueblo medieval13. Plaza del monasterio de Celanova14. Paseo por Vilanova dos Infantes II15. Paseo por Vilanova dos InfantesAs comarcas de Celanova e Baixa Limia sitúanse ao sur de Galicia, na provincia de Ourense, limitando, no caso de Baixa Limia, con Portugal.
Espéranos unha aventura chea de natureza, tradicións, literatura e cultura en xeral. Todo iso nunha terra chea de maxia e historias sorprendentes.
A Baixa Limia e Celanova son dúas comarcas ben diferenciadas. Namentres que na primeira nos poderemos atopar con particularidades como a notable influencia da proximidade á fronteira portuguesa, as montañas do parque natural de O Xurés, abundantes vestixios romanos, etc...; na segunda, Celanova, indagaremos sobre a peculiar vila medieval de Vilanova dos infantes, o foco literario de Celanova (berce dalgúns dos máis destacables autores galegos), a sorprendente riqueza cultural e etnográfica do pequeno municipio da Merca, etc...
Non cabe dúbida de que se trata de dúas zonas únicas en Galicia, que confiren un valor e un carisma especial á nosa terra. Unha, Celanova, por ser a orixe de varios dos literatos galegos máis míticos, e a outra, A Baixa Limia, por representar un verdadeiro pulmón para a comunidade grazas ao parque natural de O Xurés.
Non perderemos a oportunidade de visitar a José Antonio, propietario dunha granxa de cabras no parque de O Xurés e fabricante dun delicioso queixo ecolóxico que co seu gran sentido do humor mostraranos os seus animais, a súa produción, etc...
Por outra banda, a curiosísima aldea de Cela deixaranos abraiados debido ao aproveitamento de enormes pedras de varias toneladas que forman parte, coma se dun ataque con catapulta tratásese, das fachadas e os muros das vivendas.
A pegada romana na zona faise notar grazas á abundante presenza de miliarios, algo así como pequenas columnas de pedra que indicaban a distancia percorrida polas antigas calzadas.
Na vila de Riocaldo, a última antes de entrar en terras portuguesas, abundan á súa vez as augas termais. Existe un balneario de considerables dimensións e algunha que outra charca habilitada para o baño na que, en función das cisrcunstancias, poderemos relaxarnos.
O leite das cabras de José Antonio, no parque natural de O Xurés, é a base da produción dunha delicia que poderemos degustar: o queixo de cabra de O Xurés.
No restaurante O Labrego, na Merca, poderemos falar con Ramón da Merca, un home cunha colección etnográfica da terra e unha bagaxe cultural que non debemos perdernos.
En Celanova e Vilanova dos Infantes visitaremos respectivamente a Casa dos Poetas (antiga residencia do local Curros Enríquez) e a torre de Vilanova dos Infantes, ao redor da cal se foi construíndo, alá pola idade media, toda a vila.
Ver Mapa
Parque Natural de O Xurés. O noso primeiro destino áchase en pleno parque natural e reserva da biosfera do Xurés. Trátase da granxa caprina de Queixos do Xurés, pola que o seu dono, José Antonio, nos guiará encantado. Poderemos degustar o seu delicioso queixo ecolóxico.
Riocaldo. Na vila de Riocaldo poderemos, se o desexamos, mergullarnos un intre nas augas termais de uso público así como visitar os miliarios próximos á fronteira con Portugal, en cuxo camiño poderemos ver fermosos torrentes de auga baixando con furia das montañas.
Cela. Coma se dun ataque con catapulta tratásese, a aldea de Cela conta coa particularidade de numerosas pedras de varias toneladas "encaixadas" nas paredes de diferentes vivendas. Un espectáculo arquitectónico único e digno de coñecer.
A Merca. Comeremos (moi ben, por certo) no Mesón O Labrego, na Merca. Aquí seremos recibidos por Ramón, un home de especial importancia na conservación de diferentes legados culturais: desde aparellos de labranza ata un idioma propio dos músicos da zona. Ramón destila historia polos catro costados.
Tamén na Merca visitaremos o conxunto etnográfico de canastros (así chaman aos hórreos nestas terras), formado por máis de 30 destas peculiares construcións.
Vilanova dos Infantes. Antes de chegar a Celanova, deterémonos na vila mediaval de Vilanova dos Infantes. Poderemos subir á torre ao redor da cal se alzou a cidade ademais dalgunha que outra sorpresa como a adega de San Vivián, a cal, con aspecto de catacumbas, podería ter sido un cemiterio xudeu.
Celanova. Para reamatar o noso percorrido pasearemos polo conxunto histórico de Celanova, vila monástica berce de literatos como Celso Emilio Ferreiro ou Curros Enríquez. Visitaremos a casa deste último, reconvertida nun museo chamado Casa dos Poetas.
Tamén poderemos entrar no mosteiro e visitar a única igrexa mozárabe de Galicia.
Casa do Xurés (Granxa Familiar)
Se fixeches esta ruta interésanos a túa opinión. Coméntanola túa impresión sobre a experiencia.
El 18/05/2013
gnkRBaIHSs dixo...
cheap car insurance 036261 Cialis genérica barata >:-]] auto insurance quotes 0973 price of cialis 2030 low car insurance tnan car insurance quotes bplrs free car insurance quotes >:-[[[
El 18/05/2013
uFsLmGDLFLeaj dixo...
genericviagra 92212 propecia 890 auto insurance quotes 598 cheap auto insurance >:) cialis online %-)) cheap car insurance =)) viagra digqte