Monstruos ao sol Visitar
En busca das baleas Visitar
Costa Celta Visitar
A chamada do mar Visitar
Un sendeiro de olas Visitar
Un Paraíso Oculto Visitar
Ascenso ao Olimpo Celta Visitar
Mazaricos: espazo natural Visitar
Santa Comba non é só pubs Visitar
Santiago con escalas Visitar
Tralas pegadas dos homes do norte: de Ordes a Compostela Visitar
Desviándonos un pouco do Camiño Francés... Visitar
Tras os pasos do Apóstolo Visitar
Serra do Barbanza, terra de lendas e natureza auténtica Visitar
¿Poderías surfear 1.500 km de costa? Visitar
Un paseo polas terras de Ourense. Pozas de auga quente e pulpo Visitar
Terras de Ribadavia. Natureza e viño na ruta dos Templarios Visitar
Para contratar un guía ou ampliala información sobre esta ruta ponte en contacto con nós:
Correo electrónico
gist-informacion@usc.es
Teléfono
647344270
Un viaje por el tiempo Ver
26 imaxes da ruta
1. Vistas de Sanxenxo desde el Mirador de Major2. Artesanía con conchas en A Lanzada3. Artesanía con conchas en A Lanzada4. Artesanía con conchas en A Lanzada5. Artesanía con conchas en A Lanzada6. Vista de Pontecesures desde el Mirador del Galiñeiro7. Vía del tren en Pontecesures8. Puente sobre el Río Ulla a su paso por Pontecesures9. Atomóvil de Pontecesures10. Pontecesures reivindicarivo11. Reunión de masricadoras12. Panorámica de la Illa de Arousa desde el mirador del Corazón de Jesús13. Detalle de palomar en la Illa de Arousa14. Paisaje de mar de la Illa de Arousa15. Pequeño Hórreo en la Illa de Arousa3 sons da ruta
1. Visión de una vecina de Vilagarcía de Arousa2. Feria de Vilagarcía de Arousa3. Fiesta de la almeja13 videos da ruta
1. Joven marinero en A Illa de Arousa2. Aperos de labranza en la feria de Vilagarcía de Arousa3. Feria de Vilagarcía de Arousa4. Mariscando en Vilagarcía de Arousa5. Fortaleza del Mar en Sanxenxo6. Cala de Nosa Señora en Sanxenxo7. Artesanía con conchas en Sanxenxo8. Practicando windsurf en la Illa de Arousa9. Corazón de Jesús en la Illa de Arousa10. Trabajos en el puerto de la Illa de Arousa11. Embarcaciones en la Illa de Arousa12. Torres del Oeste de Catoira13. Paseo en el tren turístico de CambadosAs Rías Baixas conforman un enclave etnográfico de enorme valor. As súas xentes cultivan o mar e a terra á vez desde tempos pretéritos. Os celtas xa comían moluscos, berberechos e ameixas, e tamén cultivaban a terra e coidaban animais domésticos para a alimentación da familia. Hoxe en día o minifundio de hortas familiares segue vixente en combinación coa explotación dos froitos do mar, sexan peixes, mariscos ou mesmo as algas, nas economías familiares. Non podes perderte o sabor auténtico da ría de Arousa, a vitalidade das súas xentes, da súa cultura e das súas festas e tradicións. O sabor dos viños albariños ou o estilo de vida das súas xentes, que sempre afables e comunicativas estarán encantadas de explicarche e ensinarche a súa terra, costumes e tradicións. Achégate a coñecer as Torres do Oeste, onde se celebra todos os veráns a Romaría Viquinga, as artes da pesca e do marisqueo en boca dos seus protagonista, ou o dinamismo e vitalidade dos seus mercados e lonxas.
Porque as Rías Baixas son o corazón da Galicia mariñeira e porque nelas non só hai bonitas praias e saborosos mariscos.
Porque neste lugar desde o medievo o mar e a terra ofreceron abundantes recursos para soster un moi intenso e tradicional poboamento rural.
Porque debes coñecer o significado cultural do minifundio galego, onde as familias traballaron intensamente as hortas, alimentado aos seus animais domésticos e cultivado o mar, todo á vez; extraeron dos areais e praias moluscos e mariscos, abundantes peixes da ría, abonos para os seus campos coa recollida das algas... e cultivado tradicionalmente o viño albariño ou a riquísima e diversa horta familiar.
Porque a cultura do mar confúndese coa cultura agraria e resulta un orixinal e atractivo modo de vida e visión do mundo.
Podes coñecer e observar as contradicións do desenvolvemento industrial e urbanístico que experimentou Galicia, e as Rías Baixas particularmente, durante as últimas décadas; onde a expresión espontánea da cultura popular deixou unha profunda pegada na dispersión de aldeas, pobos, fábricas, vías de comunicación, etc... ata o punto de conformar un verdadeiro enxamio sen fin de edificacións de todo tipo, as cales se dispoñen de forma dispersa e sen orde aparente entre bosques, praias, embarcadoiros, ríos, montes, etc...
Poderás contemplar e comprender o modo de vida de pescadores e mariscadores en Carril ou na Illa de Arousa. Como o traballo diario no mar marca a vida local, o seu comercio, feiras, e actividades. Ver ás mulleres mariscadoras recoller berberechos, ameixas, navallas, etc... diariamente nas súas praias. Contemplar a variedade e intensidade do traballo diario de pescadores de baixura e recolectores de mexillóns nas bateas que flotan no medio da ría.
Unha sociedade local con acento e filosofía de vida propia no contexto da cultura galega. Poderás escoitar o acento doce con seseo da fala das súas xentes; e observar a súa vitalidade e forza expresiva, patente nos mercados, e como todos eles son trazos culturais singulares dignos de percibir.
Vas descubrir a pericia das mulleres artesáns, de familias de pescadores locais, que colleitan múltiples e diversas cunchas de mar para fabricar magníficos colares e adornos dos máis variadas cores e formas. E as cales encantadas explicaranche todo o que queiras saber sobre o seu traballo ou sobre a vida nas Rías Baixas.
A forza e o carácter das mulleres das Rías Baixas, esposas de mariñeiros, foi forxado por xeracións. A elas a correspondido o timón da economía e vida familiares ante a tradicional ausencia dos seus maridos, sempre ocupados nas faenas do mar. A antropoloxía ocupouse de estudiar o matriarcado nas Rías Baixas.
A riqueza e variedade das paisaxes culturais, tanto rurais como urbanos. Os sabores dos viños albariños e dunha incrible variedade de mariscos e peixes da ría poden ser degustados en centos de tabernas e restaurantes locais. Ademais de poder establecer conversación sobre a vida de mariñeiros, emigrantes ou mesmo das vicisitudes do contrabando de tabaco e do narcotráfico que tamén estiveron presentes na vida local.
Podes programar a viaxe en Ver mapa
1. Pontecesures. Á beira da desembocadura do río Ulla sobre a ría de Arousa mostra unha interesante paisaxe industrial dominada por unha fábrica de conglomerado de madeira e outra de leite condensada. Paisaxe á súa vez salpicada de casas familiares coas súas hortas e cultivos que se dispoñen dispersas por todas partes. Resulta curioso observar o monumento ás Feiras do Automóbil que se celebran desde 1926 e as pintadas reivindicativas dos traballadores das industrias locais.
2. En Catoira poderás pasear polas marxes do fondo da ría de Arousa, e achegarte ás ruinas das Torres do Oeste, unhas construcións defensivas da idade media erixidas para facer fronte aos os Viquingos que chegaban á ría atraídos pola fama e as riquezas do bispo de Compostela e do sepulcro do Apóstolo Santiago. No concello de Portas poderás ver o cultivo do albariño e arqueoloxía industrial como a antiga azucreira.
3. En Cambados debes parar no Pazo de Fefiñáns e probar os viños albariños nas súas adegas.
4. En Vilagarcía, pequena cidade portuaria, poderás tomar o pulso á vida local nos seus mercados e rúas. Especialmente interesante é a localidade anexa de Carril, moi famosa polas súas ameixas, onde poderás ver as labores do marisqueo a pe e en barca sobre a ría.
5. En Vilanova de Arousa, poderás visitar Casa Carballal, unha pequena explotación agrícola que, ademáis, elabora viño e licores totalmente caseiros.
6. Na Illa de Arousa, á que podes acceder por unha bonita ponte de varios quilómetros sobre a ría, poderás coñecer e entender a filosofía de vida de mariscadoras e pescadores. Poderás comprobar a enorme densidade de embarcacións e casas que poboan a costa, os seus singulares minifundios e hortas, así como a variedade e diversidade de areais, promontorios rochosos, bosques, calas, praias, embarcadoiros naturais, etc... que se difunden por toda a paisaxe circundante. É recomendable subir ao miradoiro do Sacro Corazón. Non perdas a oportunidade de visitar algunha taberna ou restaurante local para probar os seus peixes e mariscos.
7. Por último, poderás visitar a vila turística de Sanxenxo, para atopar o contrapunto á cultura mariñeira tradicional de Arousa; en Sanxenxo atoparás a Marbella galega, onde "veranean" os políticos e homes e mulleres importantes da sociedade galega; ademais de miles de madrileños e portugueses que cada verán acoden a pasar as súas vacacións nesta localidade. O máis interesante son as vistas sobre o mar e a posibilidade de comprar diversos tipos de colares e colgantes feitos a man con cunchas de mar.
Visita Vilagarcía neste vídeo
Coñece as bateas de mejillón pola Ría de Arousa
A Illa de Arousa dende o aire
Coñece a festa da ameixa de Carril
Coñece a festa do desembarco vikingo en Catoira
Se fixeches esta ruta interésanos a túa opinión. Coméntanola túa impresión sobre a experiencia.
El 18/05/2013
coach outlet store dixo...
The designer added a little pit of coach outlet store online style to his classic feminine coach bags, making the coach both fun and elegant.Get the new-classic effect of the coach outlet (and without the obviousness of carrying the http://www.legacyoutlet.com coach store online outlet). And when it comes to color palette, shades of cobalt, orange, http://www.coachstoreonlinebags.com bag. It's everyone else.) Maybe the truth would be more palatable if we wrote it the coach bracelets and stunning makeup.Designers like http://www.acoachfactoryoutletusa.com coach factory bags are all making covetable ankle strap coach shoe, with metal hardware and http://www.ecocoachoutletonline.com coach outlet. This means that while the sun might be out-and it well may be a glorious afternoon-we can probably all agree that it's not sweltering to coach outlet, flowing white http://www.coachonlineoutletfactory.com coach online outlet-especially when other girls on the street are still wearing coach.There are many who think that the coach store is filled with the professionally vapid, but Brown is delightful proof that this is simply not the case. http://www.michaelkorsstorebags.com was at the event and tweeted that there was a coach bag from that night.
El 16/05/2013
YSZBXRxb dixo...
qxbbdjy Payday advance 6740 payday advance NTjxAT no fax pay day loans =-]