Galicia Auténtica é unha iniciativa posta en marcha por Granxa Familiar, a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF) e o Grupo de Investigación Sociedade Tecnoloxías e Territorio (Gist. IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O obxectivo de Galicia Auténtica é atraela atención de visitantes de todo o mundo cara unha terra coas súas virtudes e os seus defectos, mais sen complexos, afastándose da concepción típica de turismo.
Convidámoste a que colabores construindo a túa propia ruta ou mediante aportacións a Galicia Pobo en forma de artigos ou recursos de imaxe, audio e vídeo.
Ruta
Ruta Etnográfica...

¿Poderías surfear 1.500 km de costa?

   Se te gusta facer surf has de saber que dende Ribadeo ata La Guardia, 1500 km de costa envolven Galicia. O seu relevo e perfil son variables: praias paradisíacas, acantilados, rías, illas... O clima é oceánico húmido e os ventos predominantes son de sueste e oeste en inverno, e norte e nordés en verán. As chuvias concéntranse en novembro e febreiro e diminúen entre xullo e agosto. O réxime de pluviosidade nos meses fríos triplica ao dos meses cálidos.
Galicia ofrece lugares inesquecibles e variedade de condicións para practicar surf!

 

 Ampliar 

Ruta
Ruta Etnográfica...

Atando cabos: de Vicedo a Cedeira

80 Km de ruta para ve-los acantilados máis grandes de Europa, as rías e as praias máis naturais, os pobos máis “riquiños”,…

 


 Ampliar 

Ruta
Ruta Etnográfica...

Ascenso ao Olimpo Celta

Di a lenda que as rochas do Monte Pindo foron talladas polos antigos celtas. Pode que estas sexan as orixes do alcume desta mole granítica de caprichosas formas: O Olimpo Celta.

Agárdanche arredor de 4 horas de subida por un sendeiro agreste duns 10Km e, ó final, a recompensa de acadala cima dende a cal os deuses celtas contemplan o mundo.

¿Aceptarás o desafío?

 Ampliar 

Siguiente
Ver rutas
4 a la 6
Material dixitalizado cofinanciado por:
© 2009, Granxafamiliar.com e a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar.