19/09/2012
Leer14/10/2011
¿Poderías surfear 1.500 km de costa? Leer29/09/2011
Cabalgando sobre as ondas Leer29/09/2011
San Andrés de Teixido: “Vai de morto quen non foi de vivo” Leer26/01/2010
Cría pombas... Leer26/01/2010
Galicia pazo a pazo Leer26/01/2010
Rosalía de Castro e as campás de Bastavales Leer26/01/2010
¿Un baño en Galicia? Será por auga... Leer26/01/2010
América en Galicia: a pegada dos indianos Leer26/01/2010
Un pais en flor Leer26/01/2010
12000 cruceiros Leer26/01/2010
Os/As galegos/as camiñamos sobre a auga Leer05/01/2010
O legado celta na fin do mundo Leer¿Poderías surfear 1.500 km de costa?
Estefanía Vázquez Alfonso 14/10/2011
7 imaxes da ruta
1. Pantín Classic 12. Pantín Classic 3. Surf en Pantín4. Atardecer en Nemiña5. Arroaces6. Surf Nemiña7. Surf Aéreo0 sons da ruta
0 videos da ruta
Se te gusta facer surf has de saber que dende Ribadeo ata La Guardia, 1500 km de costa envolven Galicia. O seu relevo e perfil son variables: praias paradisíacas, acantilados, rías, illas... O clima é oceánico húmido e os ventos predominantes son de sueste e oeste en inverno, e norte e nordés en verán. As chuvias concéntranse en novembro e febreiro e diminúen entre xullo e agosto. O réxime de pluviosidade nos meses fríos triplica ao dos meses cálidos.
Galicia ofrece lugares inesquecibles e variedade de condicións para practicar surf!
A costa galega é un lugar natural, paraíso de ondas e remanso de paz. Sempre hai alternativa, se non é no norte será no oeste, pero os surferos poderán dispoñer de boas praias para practicar o seu deporte favorito.
A gran variedade de praias repartidas por toda a costa, permitirache organizar unha viaxe personalizada en función do que máis che interesa: se te gustan as grandes cidades, se prefires chegar á praia e non a deixar ata o últmo minuto da túa visita, se te gusta ver lugares naturais, coñecer algunha adega, comer en sitios paradisíacos,...
Como o mar é caprichoso e o vento xoga a favor ou en contra das ondas, esta ruta ten un carácter dinámico. Propoñemos as praias con máis tradición surfera e ofrecemos alternatvas personalizadas en función do clima e a situación do mar no momento da túa visita. Para iso podes mandar un email ou chamar por teléfono o IDEGA e organizarémosche unha viaxe polas ondas galegas que non poderás esquecer.
Tamén podes consultar outras rutas de Galicia Auténtica e combinalas con esta.
Almorzar na praia, ver amañecer no mar, cear baixo as estrelas, coller ondas divertidas, potentes ou tranquilas. Calas, rías, piñeirais, bo ambiente...Lo que necesitas encontraralo na praia axeitada para ti.
Propoñémosche algunha das praias con máis tradición de surf pero ten en conta que nos gardamos outras tantas na recámara para organizar a túa viaxe e sorprenderte.
NA CORUÑA:
- VILARUBE: situada en Cedeira, nesta praia rodeada de árbores froiteiras, rompe con marea baixa unha dereita moi potente. O vento ideal é de sueste. É ideal cando o mar está moi pasado porque non é de por si unha onda moi potente.
- BALEO: praia nudista na que rompe unha boa dereita con vento de sueste.
- PANTÍN: lugar de celebración do campionato do mundo WQS. Funciona con vento sueste rompendo unha boa dereita xunto a unha canle que che leva sen moito esforzo ao pico.
- VALDOVIÑO: Onda potente con fondo de area.
- CAMPELO: situada nun acantilado, a onda é potente e con vento favorable colle forma de tubo.
- SAN XURXO: unha boa opción cando azouta vento do Sur.
- DONIÑOS: onda potente con marea baixa e vento de noroeste.
- NEMIÑA: na Costa dá Morte, preto de Finisterre, ofrece unha boa onda tanto de dereitas coma de esquerdas.
- ORZÁN: en pleno centro da Coruña, ten unha onda de esquerdas non moi potente. Funciona con vento do sueste e o fondo é de area e rocha.
- VILAR: sitúase no parque natural de Corrubedo, con vento de Noroeste e un mar forte rompe unha onda potente sobre fondo de area.
- CASTRO DE BAROÑA: a beiras do mar eríxese un poboado celta. Rompen dereitas e esquerdas moi potentes.
EN LUGO:
- REINANTE: vento ideal do Sur, onda potente sobre fondo de area e rocha.
- BARREIROS: potente onda de pico variable. O vento do Sur é o máis propicio.
- FOZ: onda longa e potente, con vento do Sur sobre fondo de area.
- BURELA: boa onda de esquerdas e dereitas, sobre un fondo de area e rocha. Vento do Sur.
- BURELA: Onda potente de pico variable con vento do Sur.
- ESTEIRO DE BARES: onda de pico variable sobre fondo de area.
- SAN ROMÁN: praia protexida do vento de noroeste, cunha boa esquerda sobre fondo de area e rocha.
EN PONTEVEDRA:
- A LANZADA: situada nun ecosistema único formado pola marisma de Bao e o seu ámbito. Ten moitos picos pero o máis considerado é o do principio da praia, onde rompe unha boa esquerda. Con marea baixa no medio da praia xorden boas dereitas e esquerdas. Vento de Noroeste.
- FOXOS: alternativa cando non hai moitas ondas. Hai ondas de dereitas e esquerdas.
- MONTALVO: potente onda sobre fondo de area; ideal con vento de Noroeste porque fai bastante tubo.
- CANELAS: funciona con moito mar, cunha boa onda de esquerdas. É unha boa alternativa cando Montalvo está moi grande.
- SILGAR: no centro de Sanxenxo, hai que tela en conta cando o resto de praias están moi desfasadas. Ten un pico variable. Situada no pobo de Sanxenxo ás veces é a única praia surfeable cando todo está desfasado. Pico variable.
- CABO HOME: en fronte das illas Cíes, ten unha potente onda moi variable (pasa de 1 a 2 metros en series consecutivas) que funciona con marea baixa e media. Vento ideal do Sur.
- PATOS: con vento de Sueste, rompe unha boa onda sobre fondo de area e rocha.
Propoñémosche que contactes connosco e axudarémoste a organizar a túa viaxe, dende que pos o pé (ou a táboa) en Galicia.
Cando chegues podemos recollerte no aeroporto, estación de autobuses-trens, ou nun punto que che conveña.
Se te apetece podemos alugar unha autocaravana e así podes "rutear" ou non moverte da praia; coas túas cousas sempre a man, a túa cociña, a túa cama en pleno acantilado ou onde se che antolle.
Se prefires alugamos unha casa rural, un albergue, un hotelazo de lujo...cerca das praias nas que neses días haxa boas ondas.
Podes facerche algún curso, de iniciación ou perfeccionamento, en calquera das escolas que están repartidas pola costa galega.
Se non che apetece cargar co teu equipo alugámolo aquí.
Se ti queres podemos facerche fotos e videos para que te vexas cabalgar sobre o océano.
Se tamén practicas skate ou outro deporte, e gustaríate ver como está o panorama en Galicia fáinolo saber. Darémosche a información que necesitas (indoors, skateparks...)
- Federación Gallega de Surf
- Ropa inspirada en los deportes de deslizamiento made in Lugo : www.staticcode.es