Expresa tu opinión con educación y respeto hacia los demás.
 
 -Principal - Responder - Estadísticas - Registrarse - Buscar -
Podes expresar todas as túas opinions pero sempre con respecto e educación.

Galicia Autentica / ¿Cómo valoras la web Galicia Auténtica? / Unha nova mirada sobre Galicia. Como a podemos construir?
Autor Mensaje
xocas
# Publicado: 19 Ene 2010 11:35
Responder 


A min se me ocurre que Galicia pode ser visitada e percorrida con talante de explorador. A nosa cultura e paisaxe é diferente e singular; temos que mostrarllo aos nosos convidados; aos miles de viaxeiros e turistas que chegan atraidos polo Camiño de Santiago; temos que mostrarlle o que somos de forma creativa e singular pois os tópicos e o turismo standarizado e comercial parece que non é suficiente.
A ver si descubrimos unha nova mirada sobre o país!

rillar
# Publicado: 19 Ene 2010 22:21
Responder 


Pois con creatividade e innovación. Mostrando o que está fora do discurso oficial do turismo e atraendo o interese da xente cara a nosa forma de ser e de entender o mundo... que por algo é orixinal e diferente.

roi
# Publicado: 26 Feb 2010 17:12
Responder 


Atención ao inglés que é a lingua universal. Sería bo difundir todo isto en inglés. Parabéns pola iniciativa

olaria
# Publicado: 7 Abr 2010 18:24
Responder 


O traductor de google que está accesible dende a web permite a traducción ao inglés pero tamén ao chinés, alemán, etcetec.
Moi interesante esta visión alternativa do país!!!!

UxioLa
# Publicado: 4 May 2010 17:54
Responder 


Eu boto de menos a posibilidade de subir fotos das rutas que vou facendo!. Fixen a do Courel e gustaríame velas na web. Moi boa idea, para diante que xon xente coma vos Galiza esperaría da súa longa noite de pedra!!!!

Chus
Miembro
# Publicado: 8 May 2010 15:45
Responder 


Eu penso que vivimos nunha terra máxica e moi descoñecida xa non só para a xente de fóra da nosa comunidade senon tamen pra os que nacemos e vivimos nela. Penso que este pode ser un bo medio pra que entre todos poidamos difundir e ensina-las maravillas deste noso fogar.
O tema de subir fotos pareceme unha idea estupenda para que tod@s poidamos compartir as nosas viaxes e vivencias.

Saúdos.

paula
# Publicado: 23 May 2010 11:40
Responder 


Perfecto o de combater tópicos fantasiosos do Turismo "oficial" que nos mira como se fósemos indíxenas coa única ocupación que divertir aos de fóra.
Só querendo a nosa Terra e coñecéndoa, coñecendo a súa Historia, o territorio, ect, podemos amala e mostrala ao mundo. E non precisamos inventar conxuros da queimada nin "sacrificios humanos" nos petroglifos nin miradoiros-mamotreto nin lerias desas. Contemos as nosas lendas, a da nosa sociedade campesiña tradicional, expliquemos a nosa Historia, coidemos as nosas paisaxes humanizadas racuionalmente.

Roque
# Publicado: 24 May 2010 17:17
Responder 


Totalmente de acordo Paula! se resulta que ao final esto do turismo oficial converte a nosa cultura nun circo; pero non o circo do sol que é orixinal e innovador! senón nun circo de tópicos trasnoitados!!! A meiga que transporta turistas na escoba, a foto co peregrino oficial no Obradoiro, o pelegrín e o discurso rancio da mariscada e praia de Sanxenxo; e festas gastronómicas por un tubo... cos políticos facendo propaganda do ben que se come e todo iso!
Parabéns pola iniciativa!

Patexo
# Publicado: 24 May 2010 17:38
Responder 


Pero se as festas do albariño son unha Oda ás Borracheiras; con políticos, turgalicia, deputacións, alcaldes, concellais, os da encomenda medieval do viño; de risa! e logo non queren que os mozos e mozas fagamos botellón!!! e ala, a festa da aguardente, do viño de non sei que, ou quen, ou onde... e grandes orquestas con escenarios xigantes sobre enormes camións invadindo as carbelleiras e alamedas, etcetc. Impresionantemente auténtico!

Loli
# Publicado: 31 May 2010 17:02
Responder 


Me encantan las fiestas populares de Galicia; son para gustos variados; me he encontrado con fiestas de romerías religiosas que recuerdan la Galicia tradicional del mal de ojo; o corpiño que se celebra por San Juan en las proximidades de Lalín es una pasada!!!! y los Milagros cerca de Ourense!; pero para fiestas enlatadas y politicamente correctas; de fabricación en serie recomiendo los tinglados de las fistas medievales de Santiago, Betanzos, Coruña, Noia, etcetc; siempre lo mismo...

Anónimo
# Publicado: 12 Ago 2010 23:48
Responder 


Hola eu penso que galicia hay que vivila, adentrarse de cheo nos seus camiños e nas suas aldeas e percorrelas,apartarse dos asfaltos e pillar eses sendeiros de centos de anos, enseñarlle o visitante como a nosa xente vivia e traballaba no noso campo, levalos polos camiños baixo as sombras dos nosos carballos e castiñiros, por xuntosos nosos muiños,bebendo nas nosas fontes, manantiales cristalinos dos que xa os nosos ancestros bicaron.
esa e a nosa terra, eso e vivir e nosa galicia a autentica pasear as nosas ruas nas noites de veran e escoitar os sonidos das arbores, e os grilos creo que seria unha sensación diferente para o visitante donde se atopaba coa realidade da terra. saudos

anatrul
# Publicado: 10 Sep 2010 17:18
Responder 


Teneis un paisaje hermoso y lo mejor es la gente; hospitalarios con el viajero; yo creo que Galicia es única y auténtica; por favor, que no la estropen; en Barcelona la mala educación, las prisas y el sácate de ahí para meterme yo, está al orden del día. Si, si autentico es lo mejor de Galicia. Saludos de una catalana que ama vuestro país...

Anónimo
# Publicado: 5 Nov 2012 11:06
Responder 


Nike Air Max Line includes a series associated with sports merchandise. There is usually aswell any toe for you to actualize this particular added safeguard. It is utterly clean, able as well as failing from the accomplish associated with plastics.

http://www.cheapfreerun-tn-au.com/

Su respuesta
Estilo Negrillas  Estilo Italico  Estilo Subrayado  URL De La Imagen  URL De La Web 

» Usuario  » Contraseña 
Puedes Poner "Tu Nick" Sin Pass, Solamente Si El Nick No Esta Registrado Por Otro.
 

Material digitalizado cofinanciado por:
© 2009, Granxafamiliar.com y Asociación para el desarrollo de la agricultura familiar.