Nestes momentos estamos destacando as seguintes Rutas para que poidas aproveitalas nas mellores condicións...
Ruta Destacamos...

O mapa dos sonidos de Lugo

¿Por que?

A cidade amurallada sempre destacou pola simbiose entre cidade e música, desta cidade saíron artistas, como Pascual Veiga, creador do himno galego, Jesús Bal y Gay. En Lugo viviu Faustino Santalices, recuperador da zanfona galega e incansable estudoso da música tradicional ao que os amantes da zanfona débenlle parte da recuperación deste instrumento para a música galega (nos vídeos podemos gozar da música que emana dunha zanfona).

É de Lugo tamén Fuxan os Ventos, mítico grupo galego dos 70 e 80, autores de cancións tan coñecidas como Sementar, sementarei. E non podemos esquecernos de Mini e Mero, que participaron en Fuxan vos Ventos e que continúan deleitándonos cos seus concertos.

Caso a é a sinfonía natural da que podemos gozar penetrando na Galicia interior. Música para os oídos daqueles que amen a natureza no seu estado máis puro.

Ademais...

Non te podes perder as festas de San Froilán, na primeira quincena de Outubro, podemos consideralas como a gran festa galega, hai un gran ambiente, actividades e sobre todo comida e música. Este día non te esquezas para comer polbo nalgunha dos múltiples postos que existen na festa.

Outra festa recomendable é o Arde Lucus, festa romana que a pesar da súa mocidade xa está consagrada no país das 1000 festas.

Por outra banda, nesta terra de intensos contrastes existen multitude de granxas dedicadas a diferentes producións, coma o queixo de Casa Diéguez (en Antas de Ulla); o porco celta de Casa do Rego (Sarria) ou a tenreira de Casa Mosqueira, tamén en Antas. Por suposto, poderemos facernos con algunha destas marabillas da terra, tamén por entrega a domicilio calquera día do ano mediante o portal web www.granxafamiliar.com,  así como gozar de anfitrións de excepción de cara a coñecer as paisaxes e formas de vida do seu entorno.

Máis información sobre a ruta

Ruta Destacamos...

A Galicia Cantábrica: Un regalo para os sentidos

¿Por que?

As razóns para perderse durante unha xornada por estas terras fanse evidentes para calquera que as teña pisado con anterioridade: praias decoradas con esculturas feitas polo propio mar, pobos situados no rompente das olas, arte por todos os lugares…

Sen menosprezar en absoluto os vestixios históricos da rexión, que hainos e moi importantes por certo, parécenos de lei destacar a fabulosa capacidade das xentes da Mariña Lucense para aproveitar os recursos que a terra e o mar ofrecen, creando deste modo formas de vida específicas desta rexión galega.

Ademais...

A inmensa riqueza da zona é algo moi a ter en conta. Dende produtos do cantábrico, como o arroz caldoso con marisco de Rinlo ou o bonito de Burela, ate creacións orixinais e auténticas como a que nos ofrece o Rei das Tortas de Mondoñedo, reposteiro de prestixio nacional.

Por non falar das míticas fabas de Lourenzá, cuxa historia poderás coñecer de preto visitando a granxa Casa Díaz. As fabas desta granxa van destinadas na súa maioría á exportación cara Asturias, onde dan boa conta delas convertíndoas na base do seu prato de máis renome: a fabada asturiana. Ademais en Rinlo poderás probar se o desexas unhas fabas con bogavante que quitan o hipo.

Máis información sobre a ruta

Ruta Destacamos...

La vida en el mar

¿Por que?

Porque as Rías Baixas son o corazón da Galicia mariñeira e porque nelas non só hai bonitas praias e saborosos mariscos.

Porque neste lugar desde o medievo o mar e a terra ofreceron abundantes recursos para soster un moi intenso e tradicional poboamento rural.

Porque debes coñecer o significado cultural do minifundio galego, onde as familias traballaron intensamente as hortas, alimentado aos seus animais domésticos e cultivado o mar, todo á vez; extraeron dos areais e praias moluscos e mariscos, abundantes peixes da ría, abonos para os seus campos coa recollida das algas... e cultivado tradicionalmente o viño albariño ou a riquísima e diversa horta familiar.

Porque a cultura do mar confúndese coa cultura agraria e resulta un orixinal e atractivo modo de vida e visión do mundo.

Ademais...

Podes coñecer e observar as contradicións do desenvolvemento industrial e urbanístico que experimentou Galicia, e as Rías Baixas particularmente, durante as últimas décadas; onde a expresión espontánea da cultura popular deixou unha profunda pegada na dispersión de aldeas, pobos, fábricas, vías de comunicación, etc... ata o punto de conformar un verdadeiro enxamio sen fin de edificacións de todo tipo, as cales se dispoñen de forma dispersa e sen orde aparente entre bosques, praias, embarcadoiros, ríos, montes, etc...

Poderás contemplar e comprender o modo de vida de pescadores e mariscadores en Carril ou na Illa de Arousa. Como o traballo diario no mar marca a vida local, o seu comercio, feiras, e actividades. Ver ás mulleres mariscadoras recoller berberechos, ameixas, navallas, etc... diariamente nas súas praias. Contemplar a variedade e intensidade do traballo diario de pescadores de baixura e recolectores de mexillóns nas bateas que flotan no medio da ría.

Máis información sobre a ruta

Material dixitalizado cofinanciado por:
© 2009, Granxafamiliar.com e a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar.